|
Funciona cunha placa fotovoltaica e unha batería que garante a sú completa autonomía. A Cámara de Vila Franca de Xira e Telemo Comunicaciones inaguraron a primeira cabina telefónica solar de Portugal, ubicada e en funcionamento na Praza Marqês de Pombal, en Vila Franca de Xira. Instalada por Telemo Comunicaciones, empresa galega que xa foi pioneira en España ó poñer en marcha en Galicia fai un ano a primeira, a cabina depende da energia solar provinda da placa fotovoltaica instalada na parte superior da cabine.
 |
| Cabina solar de Xira. Foto: Telemo |
A inaugurada será a primeira das corenta que Telemo Comunicaciones ten previsto dispor en Portugal no prazo dun ano, según explicou o delegado de Telemo Comunicaciones en Portugal, Daniel Solé, durante a súa intervención. No acto oficial tamén estive o vereador de Economia de la Camara de Vila Franca de Xira, Francisco Vale Antunes, que realizou con éxito a primeira chamada, a título simbólico, desde a cabina. Tamén acudiu ó acto Jacobo Camba, representante de la Camara de Comercio de A Corunha.
Unha alternativa ecolóxica por só 2.100 euros
As cabinas solares supoñen unha alternativa ecolóxica, rápida e eficaz ás tradicionais, tal e como destacou o representante da empresa galega no seu discurso. Ó non precisar cabos para a liña, non é necesario escavar para a súa instalación, proceso no que se invirten 2.100 euros e para o que só se precisan catro horas. En España xa hai máis dun centenar de cabinas telefónicas solares e en Portugal a empresa galega calcula que facturará uns tres millóns de minutos ó mes.
|